Cartas de Conxo : o legado das Távora / Alonso, Xurxo
por Alonso, Xurxo [autor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes Sala préstamo | 869.9.1 ALO car | Dispoñible | LED005000013855 |
|
Cartas de Conxo (O legado das Távora) é a obra gañadora da edición nº 49 do Certame Literario do Concello de Vilalba.
Neste poemario, o autor, Xurxo Alonso, poeta e pintor, xoga cos fíos do que aconteceu nos primeiros días da Guerra Civil, mesturando rumores e testemuños, para crear unha realidade que podería ter acontecido en calquera lugar da Galiza.
Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo (o actual Sanatorio Psiquiátrico en Santiago de Compostela). Dende este lugar, seguen a enviar misivas, pero xa non chegarán ao seu destino, porque disto encargarase unha das monxas.
A partir destes acontecementos, Xurxo Alonso constrúe unha obra que se mergulla, empregando o verso longo e libre, e potentes ilustracións, naqueles días terribles, naquel tempo de asasinatos, fuxidos, clandestinidade e vinganzas.