Veciñas do home. : Aves urbanas de Galicia
por de Vivero, Xurxo [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Montes e Fontes.Editor: :XERAIS ,1993 Vigo Descrición: 283 p. : il. b/n e cor ; 21 cms.ISBN: 84-7507-730-7.Resumo: Un cativo correndo tralas pombas. Un vello, tódolos días á mesma hora, botándolles faragullas de pan ós pardais. Unha nai, fermosa e aburrida, sentada nun banco do xardín, sentindo o canto do merlo que trae a primavera. O naturalista que descobre un falcón pequeno acelerando tras dos anduróns. Un rapaz que se pregunta cal é ese paxariño pardo, rechoncho e de cola curta e ergueita que se move polas sebes. E tamén as gaivotas dos basureiros urbanos, que comparten espacio cos gabiáns, os corvos, as pegas ou mesmo as aves dos estanques. ¿Quen son e de onde saen todas estas aves? Veciñas do home. Aves Urbanas de Galicia ofrécelle ó lector unha perspectiva distinta: a de todas esas aves que tamén se moven nese terreo inhóspito, ermo, de rúas e casas, de tráfico e barullo, no que os parques e xardíns funcionan coma un oasis apetecible. Paxaros que se adaptaron a ese medio, e do que algunhas especies aprenderon, mesmo, a sacar innegables vantaxes. Desde os pardais ás pombas, desde as rulas ós corvos, desde as gaivotas ó pimpín, desde o merlo á cegoña, desde a coruxa ós estorniños, desde os peneireiros ó carrizo, desde a pega ó moucho, desde as andoriñas ó gabián. Xa sabemos que existen; agora coñeceremos as súas formas, cores e costumes.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes Sala préstamo | 59 VIV vec | Dispoñible | LED005000013059 |
|
Un cativo correndo tralas pombas. Un vello, tódolos días á mesma hora, botándolles faragullas de pan ós pardais. Unha nai, fermosa e aburrida, sentada nun banco do xardín, sentindo o canto do merlo que trae a primavera. O naturalista que descobre un falcón pequeno acelerando tras dos anduróns. Un rapaz que se pregunta cal é ese paxariño pardo, rechoncho e de cola curta e ergueita que se move polas sebes. E tamén as gaivotas dos basureiros urbanos, que comparten espacio cos gabiáns, os corvos, as pegas ou mesmo as aves dos estanques. ¿Quen son e de onde saen todas estas aves? Veciñas do home. Aves Urbanas de Galicia ofrécelle ó lector unha perspectiva distinta: a de todas esas aves que tamén se moven nese terreo inhóspito, ermo, de rúas e casas, de tráfico e barullo, no que os parques e xardíns funcionan coma un oasis apetecible. Paxaros que se adaptaron a ese medio, e do que algunhas especies aprenderon, mesmo, a sacar innegables vantaxes. Desde os pardais ás pombas, desde as rulas ós corvos, desde as gaivotas ó pimpín, desde o merlo á cegoña, desde a coruxa ós estorniños, desde os peneireiros ó carrizo, desde a pega ó moucho, desde as andoriñas ó gabián. Xa sabemos que existen; agora coñeceremos as súas formas, cores e costumes.