Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O tartufo

por Molière [autor/a]; Moliere [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Teatro ; 354.Editor: Santiago de Compostela : Laiovento , 2018 Descrición: 129 p. 21 cms.ISBN: 9788484873901.Materia(s): TeatroResumo: O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos días O Tartufo ven engaiolando arreo directores e directoras, grupos teatrais e público nas máis variadas latitudes e linguas. Laiovento publica por primeira vez en galego O Tartufo na súa integridade e orixinalidade, sen cortes nin adaptacións; en verso, por fidelidade ao texto do autor e por recoñecemento á capacidade expresiva da nosa lingua, que pasa moi dignamente esta esixente proba. E a comedia acompáñase con varios documentos imprescindíbeis nunha boa edición: os tres placet nos que Molière pediu ao rei que autorizase a representación e mais o magnífico prefacio no que realiza unha inmorrente defensa do Teatro, ao que el consagrou literalmente a súa vida
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes
Sala préstamo
873 MOL tar Dispoñible LED005000013532
Prestable IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes
Sala préstamo
873 MOL tar Dispoñible LED005000013533

O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos días O Tartufo ven engaiolando arreo directores e directoras, grupos teatrais e público nas máis variadas latitudes e linguas.

Laiovento publica por primeira vez en galego O Tartufo na súa integridade e orixinalidade, sen cortes nin adaptacións; en verso, por fidelidade ao texto do autor e por recoñecemento á capacidade expresiva da nosa lingua, que pasa moi dignamente esta esixente proba. E a comedia acompáñase con varios documentos imprescindíbeis nunha boa edición: os tres placet nos que Molière pediu ao rei que autorizase a representación e mais o magnífico prefacio no que realiza unha inmorrente defensa do Teatro, ao que el consagrou literalmente a súa vida

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha